De Don Fernán Díaz Estaturão

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De Don Fernán Díaz Estaturão
por Pêro da Ponte


De Don Fernán Díaz Estaturão
oí dizer novas, de que mi praz:
que é home que muito por Deus faz
e se quer ora meter ermitão;
e fará bon feito, se o fezer;
demais, nunca lh'home soube molher,
des que nasceu, tant'é de bon cristão.

Este ten o Paraíso en mão,
que sempr'amou, con sén cristão, paz,
nen nunc'amou molher nen seu solaz,
nen desamou fidalgo nen vilão;
e máis vos én direi, se vos prouguer:
nunca molher amou, nen quis nen quer,
pero cata, falagueir'e loução.

E atán bon día foi ele nado
que tan ben soub'o pecad'enganar,
que nunca por molheres ren quis dar,
e pero mete-s'el por namorado;
e os que o non conhocemos ben
cuidamos del que folía mantén,
mais el d'haver molher non é pensado.

Que se hoj'ele foss'empardẽado,
non se sabería melhor guardar
de nunca ja con molher albergar,
por non se riir dele o pecado,
ca nunca deu por molher nulha ren;
e pero vedes: se o vir alguén,
terrá que morre por seer casado.

E, pois s'en tal castidade mantén,
quand'el morrer, direi-vos ũa ren:
Beati Oculi será chamado.