De coita grand'e de pesar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De coita grand'e de pesar
por Vasco Fernández Praga de Sandim


De coita grand'e de pesar
nom há hoj'o meu coraçom
nulha míngua, si Deus m'ampar.
E vedes, senhor, por que nom:
porque vos vej'em mi perder
mesura, que tanto valer
sol sempr'a quen'a Deus quer dar.
  
E, senhor, mais vos direi en:
esso pouco que eu poder
viver no mundo, se quiser
Deus, assi viverei por en.
E tam mal dia eu naci,
porque vós fazedes per mi
cousa que vos nom está bem.
  
E creo que fará mal sem
quem nunca gram fiúz'houver
em mesura doutra molher;
e direi-vos por que mi avém:
porque me leixades assi
morrer, e nom catades i
mesura, nem Deus, nem al rem.
  
E, mia senhor, a meu cuidar,
cousa faria sem razom
eu, se mi assi fosse cuitar
com mia mort'em esta sazom
que me vós fazedes morrer,
se podess'em guisa seer
que mal nom vos podess'estar.