De muitas coitas, senhor, que levei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
De muitas coitas, senhor, que levei
por Dom Dinis


De muitas coitas, senhor, que levei
des que vos soubi mui gram bem querer,
par Deus, nom poss'hoj'eu mi escolher
end'a maior; mais per quant'eu passei,
de mal em mal, e peior de peior,
nom sei qual é maior coita, senhor.
 
Tantas coitas levei e padeci,
des que vos vi, que nom poss'hoj'osmar
end'a maior, tantas forom sem par,
mais de tod'esto que passou por mi,
de mal em mal, e peior de peior,
nom sei qual é maior coita, senhor.
 
Tantas coitas passei dê' la sazom
que vos vi, per bõa fé,
que nom poss'osmar a maior qual é;
mais das que passei, se Deus mi perdom,
de mal em mal, e peior de peior,
nom sei qual é maior coita, senhor.