De quantas cousas eno mundo son

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
de quantas cousas eno mundo son
por Pai Gomes Charinho


de quantas cousas eno mundo son,
non vejo eu ben qual poden semelhar
al-rei de Castela e de León
senón ũa qual vos direi: o mar.
O mar semelha muit'aqueste Rei;
e d'aquí en deante vós direi
en quaes cousas, segundo razón.

O mar dá muit', e creede que non
se pod'o mundo sen el governar,
e pode muit', e ha tal coraçón
que o non pode ren apoderar.
Des i ar é temudo, que non sei
quen o non tema; e contar-vos-ei
aínda máis, e judgade-m'entón.

Eno mar cabe quant'i quer caber;
e mantén muitos; e outros i ha
que x'ar quebranta e que faz morrer
enxerdados; e outros ha que dá
grandes herdades e muit'outro ben.
E tod'esto que vos conto avén
al-rei, se o souberdes conhocer.

E da mansedume vós quero dizer
do mar: non ha cont', e nunca será
bravo nen sanhudo, se lho fazer
outro non fezer; e sofrer-vos-á
toda-las cousas; mais, s'é en desdén,
ou per ventura algun louco ten,
con gran tormenta o fará morrer.

Estas manhas, segundo é meu sén,
que o mar ha, ha el-rei. e por én
se semelhan, quen o ben entender.