Desfiar enviaron ora de Tudela

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Desfiar enviaron ora de Tudela
por Airas Nunes


Desfiar enviaron ora de Tudela
filhos de Don Fernando a el-rei de Castela.
E disse el-rei logo: «Ide alá, Don Vela,
desfiade e mostrade por min esta razón:
     se quiseren, por cambio do reino de León,
     filhen por én Navarra ou o reino d'Arangón.

Aínda lhes fazede outra preitesía:
dar-lhes-hei por cambio quanto hei en Lombardía,
e aquesto lhes faço por partir perfía;
e faço gran dereito, ca meus sobrinhos son:
     se quiseren, por cambio do reino de León,
     filhen por én Navarra ou o reino d'Arangón.

E veed'ora, amigos, se prend'eu engano!
E fazede de guisa que seja sen meu dano;
se quiseren trégoa, dade-lha por un ano;
outorgo-a por min, e por eles Don Gastón:
     se quiseren, por cambio do reino de León,
     filhen por én Navarra ou o reino d'Arangón.