Desmentido m'ha'qui un trobador

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Desmentido m'ha'qui un trobador
por Joán Soares Coelho


Desmentido m'ha'qui un trobador
do que dixi da ama sen razón,
de cousas pero, e de cousas non;
mais u mentí, quero-mi-o eu dizer:
u non dixi o meo do parecer
que lhi mui bõo deu Nostro Senhor.

Ca, de pran, a fez parecer melhor
de quantas outras eno mundo son,
e mui máis mansa, e máis con razón
falar e riir, e tod'al fazer;
e fezo-lhe tan muito ben saber
que en todo ben é mui sabedor.

E por esto rogo Nostro Senhor
que lhe meta eno seu coraçón
que me faça ben, poi-lo a ela non
ouso rogar; e se m'ela fazer
quisesse ben, non querría seer
rei, nen seu filho, nen emperador,

se per i seu ben houvess'a perder;
ca sen ela non poss'eu ben haver
eno mundo, nen de Nostro Senhor.