Deus, que leda que m'esta noite vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Deus, que leda que m'esta noite vi
por João Mendes de Briteiros


Deus, que leda que m'esta noite vi,
amiga, en un sonho que sonhei!
Ca sonhava, en como vos direi,
que me dizía meu amig'assí:
     «Falade mig', ai meu lum'e meu ben!».

Non foi no mundo tan leda molher
en sonho, nen no podía seer,
ca sonhei que me veera dizer
aquel que me milhor que a si quer:
     «Falade mig', ai meu lum'e meu ben!».

Des que m'espertei, houvi gran pesar,
ca en tal sonho havía gran sabor,
con o rogar-me, por Nostro Senhor
o que me sabe máis que si amar:
     «Falade mig', ai meu lum'e meu ben!».

E, pois m'espertei, foi a Deus rogar
que me sacass'aqueste sonh'a ben.