Diz meu amigo tanto ben de mí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Diz meu amigo tanto ben de mí
por Joan Airas


Diz meu amigo tanto ben de mí
quant'el máis pod', e de meu parecer,
e os que saben que o diz assí
teen que hei eu que lhi gradecer;
     en quant'el diz non lhi gradesqu'eu ren,
     ca mi sei eu que mi paresco ben.

Diz-mi "fremosa" e diz-mi "senhor",
e "fremosa" mi dirá quen me vir,
e teen que mi faz mui grand'amor
e que hei eu muito que lhi gracir;
     en quant'el diz non lhi gradesqu'eu ren,
     ca mi sei eu que mi paresco ben.

Diz muito ben de min en seu trobar
con gran dereit', e al vos eu direi:
teen ben quantos me lh'oen loar
que eu muito que lhi gradecer hei;
     en quant'el diz non lhi gradesqu'eu ren,
     ca mi sei eu que mi paresco ben.

Ca, se eu non parecesse mui ben,
de quant' ele diz non diría ren.