Dizen, amigo, que outra senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Dizen, amigo, que outra senhor
por Joan Airas


Dizen, amigo, que outra senhor
queredes vós, sen meu grado, filhar,
por mi fazerdes con ela pesar,
mais, a la fe, non hei end'eu pavor,
     ca ja todas saben que sodes meu
     e nen ũa nos vos querrá por seu.

E fariades-mi vós de coraçón
este pesar, mais non sei hoj'eu quen
me vos filhass', e ja vos non val ren,
ai meu amigo, vedes por que non:
     ca ja todas saben que sodes meu
     e nen ũa non vos querrá por seu.

E quen vos a vós esto conselhou
mui ben sei eu ca vos conselhou mal
e con tod'esso ja vos ren non val,
ai meu amigo, tardi vos nembrou,
     ca ja todas saben que sodes meu
     e nen ũa non vos querrá por seu.

Cofonda Deus a que filhar o meu
amigu', e min, se eu filhar o seu!