Dizen que digo que vos quero ben

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Dizen que digo que vos quero ben
por Joán Soares Coelho


Dizen que digo que vos quero ben,
senhor, e buscan-me convosco mal;
mais rog'a Deus, senhor, que pod'e val
e que o mund'e vós en poder ten:
     se o dixe, mal me leixe morrer,
     se non, senhor, quen vo-lo foi dizer!

E venh'a vós, chorando destes meus
olhos con vergonha e con pavor
e con coita que hei desto, senhor,
que vos disseron, e rog'assí Deus:
     se o dixe, mal me leixe morrer,
     se non, senhor, quen vo-lo foi dizer!

No'me sei én doutra guisa salvar,
mais nunca o soub'home nen molher
per mí, nen vós, e Deus, se lhe prouguer,
rogu'eu assí quanto posso rogar:
     se o dixe, mal me leixe morrer,
     se non, senhor, quen vo-lo foi dizer!