Do que ben serve sempr'oí dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Do que ben serve sempr'oí dizer
por Estevan da Guarda


Do que ben serve sempr'oí dizer
que ben pede: mais digo-vos de mí,
pero que eu, gran temp'ha, ben serví
ũa dona que me ten en poder,
que non tenho que, per meu ben servir,
eu razón hei de lhi, por én, pidir
o maior ben dos que Deus quis fazer.

Ben entend'eu que logar deve haver
o que ben serve de pidir, por én,
ben con razón, mais est'é tan gran ben
que lhi non pod'outro ben par seer,
pois d'eu ben servir ũa dona tal
por lhi pedir ben que tan muito val
sol non no dev'en coraçón poer.

E, meus amigos, quen ben cousecer
o mui gran ben que Nostro Senhor deu
a esta dona, ben certo sei eu,
se houver sén, que ben pode entender
que, per servir, quantos no mundo son
non deven sol põer en coraçón
que pedir possa en tal ben caber.

Por end'a min convén, querend'ou non,
de servir ben en havendo razón,
que, per servir, haja ben d'atender.