Domingas Eanes houve sa baralha

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Domingas Eanes houve sa baralha
por Afonso X


Domingas Eanes houve sa baralha
con ũu genet', e foi mal ferida;
empero foi ela i tan ardida,
que houve depois a vencer, sen falha,
e, de pran, venceu bõo cavaleiro;
mais empero é-x'el tan braceiro,
que houv'end'ela de ficar colpada.

O colbe colheu-a per ũa malha
da loriga, que era desvencida;
e pesa-m'ende, porque essa ida,
de prez que houve máis, se Deus me valha,
venceu ela; mais log'o cavaleiro
per sas armas o fez: com'er'arteiro,
ja sempr'end'ela seerá esmalhada.

E aquel mouro trouxe, com'arreite,
dous companhões en toda esta guerra;
e demais ha preço que nunca erra
de dar gran colpe con seu tragazeite;
e foi-a achaar con costa juso,
e deu-lhi poren tal colpe de suso,
que ja a chaga nunca vai çarrada.

E dizen meges: »Quen usa tal preit'e
ha tal chaga, jamais nunca serra,
se con quanta lãa ha en esta terra
a escaentassen, nen cõno azeite:
porque a chaga non vai contra juso,
mais vai en redor, come perafuso,
e por én muit'ha que é fistolada».