Elvira López, aquí, noutro día

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Elvira López, aquí, noutro día
por João Garcia de Guilhade


Elvira López, aquí, noutro día,
se Deus mi valha, prendeu un cajón:
deitou na casa sigo un peón,
e sa maeta e quanto tragía
pos cabo de si e adormeceu;
e o peón levantou-s'e fodeu,
e nunca ar soube de contra u s'ía.

Ante, lh'eu dixi que mal sén faría
que se non quería del aguardar
e sigo na casa o ía jeitar;
e dixi-lh'eu quanto lh'end'averría,
ca vos direi do peón como fez:
abriu a porta e fodeu ũa vez,
e nunca soube del sabedoría.

Mal se guardou e perdeu quant'havía,
ca se non soub'a cativa guardar:
leixó-o sigo na casa albergar,
e o peón fez como que dormía,
e levantou-s'o peón traedor
e, como x'era de mal sabedor,
fodeu-a tost'e foi logo sa vía.

E o peón viron en Santarén;
e non se avanta nen dá por én ren,
mais lev'o Demo quanto én tragía!