En Arouca ũa casa faría

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
En Arouca ũa casa faría
por Afonso Lopes de Baião


En Arouca ũa casa faría;
atant'hei gran sabor de a fazer,
que jamais custa non recearía
nen ar daría ren por meu haver,
ca hei pedreiros e pedra e cal;
e desta casa non mi mingua al
senón madeira nova, que quería.

E quen mi a desse, sempr'o serviría,
ca mi faría i mui gran prazer
de mi fazer madeira nova haver,
en que lavrass'ũa peça do día,
e pois ir logo a casa madeirar
e telhá-la; e, pois que a telhar,
dormir en ela de noit'e de día.

E, meus amigos, par Santa María,
se madeira nova podess'haver,
logu'esta casa iría fazer
e cobrí-la; e descobrí-la-ía
e revolvé-la, se fosse mester;
e se mi a mí a abadessa der
madeira nova, esto lhi faría.