En San Momed'u sabedes

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
En San Momed'u sabedes
por João de Cangas


En San Momed'u sabedes
que viste-lo meu amigo
oj'ouver'a seer migo;
mha madre, fe ue devedes
leixedes mho ir veer

O que vistes esse dia
andar por mi mui coitado
chegou m'ora seu mandado;
madre, por Santa maria,
leixedes mho ir veer

Pois el foi d'atal ventura
que sofreu tan muito mal
por mi e ren non lhi val,
mha madre, e por mesura
leixedes mho ir veer

Eu serei por el coitada
pois el é por mi coitado;
se de Deus ajadees grado,
madre ben aventurada,
leixedes mho ir veer