En muit'andando, cheguei a logar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
En muit'andando, cheguei a logar
por Martim Moxa


En muit'andando, cheguei a logar,
u lealdade, nen manha, nen sén,
nen crerezía non vejo preçar,
nen pod'hom'i de senhor gaar ren
senón loar quanto lh'i vir fazer,
e lousinhar, e ren non lhi dizer,
pero lhi veja o sal semear.

E quen alí, com'eu cheguei, chegar,
sen mentir, e non tever mal por ben,
quitar-s'-á én, com'eu vi min quitar,
mais non come s'én vi quitar alguén
(nen quen, nen como, non quero dizer);
e vi alhur quen mentiral seer
non quer nen pode, nen bon prez leixar.

Mentr'alí foi, tal sonho vi, a sonhar,
muitas vezes; e no sonho vi quen?
Vi a bubela a cerzeta filhar:
e aa bubel'a cresta que ten;
e a cerzeta, o que quer dizer?
Ou com'a pod'a bubela prender?
Este sonho, quen no pode soltar?