En tal perfía qual eu nunca vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
En tal perfía qual eu nunca vi
por Estevan da Guarda


En tal perfía qual eu nunca vi,
vi eu Don Foán con sa madr'estar;
e, porque os vi ambos perfiar,
cheguei-m'a el e dixi-lhi logu'i:
«Vencede-vos a quanto vos disser,
ca perfiardes non vos é mester
con vossa madr', e perfiar assí!».

E disse-m'el: «Sempre'esto houvemos d'uso,
eu e mia madre, en nosso solaz:
de perfiarmos eno que nos praz;
e quando m'eu de perfiar escuso,
assanha-se e diz-m'o que vos direi:
"Se non perfías, eu te mal direi,
que sejas sempre maldito e confuso"».

E dix'eu: «Senhor, non vos está ben
de perfiardes, mais está-vos mal,
con vossa madre». Diss'el: «Nen mi cal,
poi-lo ela por sa prol assí ten;
ca se lh'eu dig': "Al tenho de fazer",
por ben ou mal tanto m'ha de dizer,
ca, ena cima, perfiar me convén.

E parávoas non han de falecer;
mais tanto havemos de noite a seer,
que é meiada ou mui preto én».