Esso mui pouco que hoj'eu falei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Esso mui pouco que hoj'eu falei
por João Garcia de Guilhade


Esso mui pouco que hoj'eu falei
con mia senhor, gradecí-o a Deus;
e gran prazer viron os olhos meus,
mais do que dixe gran pavor per hei,
     ca me tremía'ssi o coraçón
     que non sei se lho dixe, ou se non.

Tan gran sabor houv'eu de lhe dizer
a mui gran coita que sofr'e sofrí
por ela; mais tan mal-día nací,
se lh'o hoj'eu ben non fiz entender,
     ca me tremía'ssi o coraçón
     que non sei se lho dixe, ou se non.

Ca nunca eu falei con mia senhor,
senón mui pouc'hoj'; e direi-vos al:
non sei, se me lho dixe ben, se mal,
mais do que dixe, estou a gran pavor,
     ca me tremía'ssi o coraçón
     que non sei se lh dixe, ou se non.

E a quen muito trem'o coraçón,
nunca ben pod'acabar sa razón!