Eu sõo tan muit'amador

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Eu sõo tan muit'amador
por Paio Soares de Taveirós


Eu sõo tan muit'amador
do meu linhagen, que non sei
al no mundo querer melhor
dũa mia parenta que hei.
E quen sa linhagen quer ben,
tenh'eu que faz dereit'e sén;
e eu sempr'o meu amarei.

E sempre servic'e amor
eu a meu linhagen farei,
en tanto com'eu vivo for:
esta parenta servirei,
que quero melhor doutra ren,
e muito servic'en mí ten,
se eu poder (e poderei).

Pero nunca vistes molher
nunca chus pouco algo fazer
a seu linhagen, ca non quer
en meu preito mentes meter:
e podería-me prestar,
par Deus, muit', e non lhe custar
a ela ren de seu haver!

E veede, se mi ha mester
d'atal parenta ben querer:
que m'hei a queixar, se quiser
lhe pedir alg'ou a veer!
Pero se me quisesse dar
algo, faría-me preçar
atal parenta e valer.