Fez meu amigo gran pesar a mí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fez meu amigo gran pesar a mí
por João Garcia de Guilhade


Fez meu amigo gran pesar a mí
e, pero m'el fez tamanho pesar,
fezestes-me-lh', amigas, perdoar
e chegou hoj'e dixi-lh'eu assí:
     «Viínde ja, ca ja vos perdoei,
     mais pero nunca vos ja ben querrei».

Perdoei-lh'eu, mais non ja con sabor
que eu houvesse de lhi ben fazer,
e el quis hoj'os seus olhos merger,
e dixi-lh'eu: «Olhos de traedor,
     viínde ja, ca ja vos perdoei,
     mais pero nunca vos ja ben querrei».

Este perdón foi de guisa, de pran,
que ja máis nunca mig'houvess'amor,
e non ousava viír con pavor,
e dixi-lh'eu: «Ai cabeça de can,
     viínde ja, ca ja vos perdoei,
     mais pero nunca vos ja ben querrei».