Filha, direi-vos ũa ren

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Filha, direi-vos ũa ren
por Joán Soares Coelho


-Filha, direi-vos ũa ren
que de voss'amigu'entendí
e filhad'algún conselh'i:
digo-vos que vos non quer ben.
     -Madre, creer-vos-ei eu d'al

e non desso, per bõa fe,
ca sei que mui melhor ca si
me quer, nen que m'eu quero mí.
-Mal mi venha, se assí é.
     -Madre, creer-vos-ei eu d'al,

mais non desso, ca'ssí lhe praz
de me veer que, pois nací,
nunca tal prazer d'home vi.
-Filha, sei eu que o non faz.
     -Madre, creer-vos-ei eu d'al,

mais non vos creerei per ren
que no mundo ha que queira tan gran ben.