Foi-s'o meu amigo d'aquí noutro día

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Foi-s'o meu amigo d'aquí noutro día
por Joán Soares Coelho


Foi-s'o meu amigo d'aquí noutro día
coitad'e sanhud'e non soub'eu ca s'ía,
mais, ja que o sei, e por santa María
     e que farei eu, louçãa?

Quis el falar migu'e non houve guisado
e foi-s'el d'aquí sanhud'e mui coitado
e nunca depois vi el nen seu mandado,
     e que farei eu, louçãa?

Quen lh'ora dissesse quan trist'hoj'eu sejo
e quant'hoj'eu, mui fremosa, desejo
falar-lh'e veé-l'e, pois que o non vejo,
     e que farei eu, louçãa?