Foi Don Fagundo un día convidar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Foi Don Fagundo un día convidar
por Afonso Eanes de Coton


Foi Don Fagundo un día convidar
dous cavaleiros pera seu jantar,
e foi con eles sa vaca encetar;
e a vaca morreu-xe logu'entón,
e Don Fagundo quer-s'ora matar,
     porque matou sa vaca o cajón.

Quand'el a vac'ante si mort'achou,
logu'i estando mil vezes jurou
que non morreu por quant'end'el talhou,
ergas se foi no coitelo poçón;
e Don Fagundo todo se messou,
     porque matou sa vaca o cajón.

Quisera-x'el da vaca despender
tanto per que non leixass'a pacer;
ca, se el cuidasse sa vaca perder,
ante x'a der'a quen-quer, assí non;
e Don Fagundo quer ora morrer,
     porque matou sa vaca o cajón.