Fui eu poer a mão noutro dí-

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fui eu poer a mão noutro dí-
por Afonso X


Fui eu poer a mão noutro dí-
a a ũa soldadeira no conón,
e disse-m'ela: «Tolhede-a, ladrón,
ca non é ést'a ..........................................
......................................... Nostro Senhor
paixón, mais é-xe de min, pecador,
por muito mal que me lh'eu merecí.

U a voz começastes, entendí
ben que non era de Deus aquel son,
ca os pontos del no meu coraçón
se ficaran, de guisa que logu'i
cuidei morrer, e dix'assí: "Senhor,
beeito sejas tu, que sofredor
me fazes deste marteiro par ti!"».

Quixera-m'eu fogir logo d'alí,
e non vos fora muito sen razón,
con medo de morrer e con al non,
mais non pudi (tan gran coita sofrí);
e dixe logu'entón: "Deus, meu Senhor,
esta paixón sofro por teu amor,
pola túa, que sofresti por min".

Nunca, de-lo día en que eu nací,
fui tan coitado, se Deus me perdón;
e, con pavor, aquesta oraçón
comecei logo e dixe a Deus assí:
"Fel e azedo bevisti, Senhor,
por min, mais muit'ést'aquesto peior
que por ti bevo nen que recebí.

E por én, ai, Jesucristo, Senhor,
en juízo, quando ante ti for,
nembre-ch'esto que por ti padecí!".