Fui oj'eu, madre, veer meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fui oj'eu, madre, veer meu amigo
por Juião Bolseiro


Fui oj'eu, madre, veer meu amigo,
que [m'] envio[u] muito rogar por en,
porque sei eu ca mi quer mui gran ben,
mais vedes, madre, pois m' el vio consigo,
foi el tan ledo que, des que naci,
nunca tam led' ome con molher vi.
Quand' eu cheguei, estava el chorando
e non folgava o seu coraçon,
cuidand' en mi, se iria, se non,
mais, pois m' el viu u m' estava asperando,
foi el tan ledo que, des que naci,
nunca tan led' ome con molher vi.
E, pois Deus quis que eu fosse u m' el visse,
diss' el, mia madre, como vos direi:
"vej' eu viir quanto ben no mund' ei"
e vedes, madre, quand' el esto disse,
foi el tan ledo que, des que naci,
nunca tan led' ome con molher vi.