Grave vos é de que vos hei amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Grave vos é de que vos hei amor
por Dom Dinis


Grave vos é de que vos hei amor
e par Deus aquesto vej'eu mui bem,
mais empero direi-vos ũa rem
per boa fé, fremosa mia senhor:
se vos grav'é de vos eu bem querer,
grave est a mi, mais nom poss'al fazer.
 
Grave vos é, bem vej'eu qu' é assi,
de que vos amo mais ca mim nem al
e qu'est'é mia mort'e meu gram mal;
mais par Deus, senhor, que por meu mal vi,
se vos grav'é de vos eu bem querer,
grav' est a mi, mais nom poss'al fazer.
   
Grave vos est, assi Deus mi perdom,
que nom podia mais, per boa fé,
de que vos am', e sei que assi é,
mais par Deus, coita do meu coraçom,
se vos grav'é de vos eu bem querer,
grave est'a mi, mais nom poss'al fazer.
   
Pero mais grave dev'a mim seer
quant'é morte mais grave ca viver.