Hoje quer'eu meu amigo veer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Hoje quer'eu meu amigo veer
por Joán Soares Coelho


Hoje quer'eu meu amigo veer,
porque mi diz que o non ousarei
veer mia madre; de pran, veé-lo-ei
e quero tod'en ventura meter,
     e des i saia per u Deus quiser.

Por én qual coita mi mia madre ten
que o non veja; no meu coraçón
hei hoj'eu posto, se Deus mi perdón,
que o veja e que lhi faça ben,
     e des i saia per u Deus quiser.

Pero mi o ela non quer outorgar,
i-lo-ei veer alí u m'el mandou,
e por quanta coita per mi levou
farei-lh'eu est'e quanto m'al rogar,
     e des i saia per u Deus quiser.

Ca diz o vervo ca non semeou
milho quen passarinhas receou.