Home que gram bem quer molher

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Home que gram bem quer molher
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Home que gram bem quer molher
gram dereit'há de trist'andar;
ca se lh'ela nom quer prestar,
al do mundo nom lh'há mester.
Mais que mester lhe pod'haver
o que lhe nom pode tolher
tal coita como sigo tem?

E se est hom'a que Deus quer
per algũa ventura dar
dela algum bem, log'a cuidar
dev'esto, se cient'houver:
ca inda o há de perder;
e creo que dev'a morrer,
se o cuidar, com pesar en.

E tod'home que se poder
per algũa guisa guardar
de nunca molher muit'amar,
fará bom sem, se o fezer;
que, enos dias que viver,
que pesar pode já prender
eno mundo per outra rem?

Mais quem s'en bem guardar quiser,
guarde-se bem d'ir a logar
u veja o bom semelhar
da mia senhor, se lhe Deus der,
que a tal fez, end'o poder;
ca se o vir, log'há d'haver
mui gram coita, sem nẽum bem.