Joán Fernández, o mund'é torvado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Joán Fernández, o mund'é torvado
por Joán Soares Coelho


Joán Fernández, o mund'é torvado
e, de pran, cuidamos que quer fiir:
veemo-lo Emperador levantado
contra Roma e Tartaros viir,
e ar veemos aquí don pedir
Joán Fernández, o mouro cruzado.

E sempre esto foi profetizado
par dez e cinque sinais da fin:
seer o mundo assí como é mizcrado
e ar torná-s'o mouro pelegrín.
Joán Fernández, creed'est'a mí,
que soo home mui ben leterado.

E se non foss'o Antecristo nado,
non averría esto que avén:
nen fiara o senhor no malado
nen o malado eno senhor ren,
nen ar iría a Jerusalén
Joán Fernández, o non bautiçado.