Joán Rodríguiz foi esmar á Balteira

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Joán Rodríguiz foi esmar á Balteira
por Afonso X


Joán Rodríguiz foi esmar á Balteira
sa midida, per que colha sa madeira;
e diss'ele: «Se ben queredes fazer,
de tal midid'a devedes a colher,
assí e non meor, per nulha maneira».

E disse: «Esta é a madeira certeira,
e, demais, non na dei eu a vós sinlheira;
e, pois que s'en compasso ha de meter,
atán longa deve toda de seer,
que vaa per antr'as pernas da'scaleira.

A Maior Moniz dei ja outra tamanha,
e foi-a ela colher logo sen sanha;
e Mari'Aires feze-o logo outro tal,
a Alvela, que andou en Portugal;
e ja i a colheron ena montanha».

E diss': «Esta é a midida d'Espanha,
ca non de Lombardía nen d'Alamanha;
e, porque é grossa, non vos seja mal,
ca delgada pera gata ren non val;
e desto mui máis sei eu ca Abondanha».