Joana, dix'eu, Sancha e María

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Joana, dix'eu, Sancha e María
por Pero Garcia Burgalês


Joana, dix'eu, Sancha e María
en meu cantar con gran coita d'amor,
e pero non dixe por qual morría
de todas tres, nen qual quero melhor,
nen qual me faz por si o sén perder,
nen qual me faz ora por si morrer,
de Joana, de Sancha, de María.

Tant'houve medo que lhe pesaría
que non dixe qual era mia senhor
de todas tres, nen a por que morría,
nen a que eu vi parecer melhor
de quantas donas vi, e máis valer
en todo ben; non a quige dizer
tant'houve medo que lhe pesaría!

E pero máis tolher non me podía
do que me tolhe, pero m'hei pavor;
tolhe-mi o corpo que ja nunca día
éste, nen noite, que haja sabor
de min, nen d'al! Que mi ha máis a tolher?
Nen vej'ela, que moiro por veer,
que ést'o máis que me tolher podía!

E por aquest'eu viver non querría,
per bõa fe, ca vivo na maior
coita do mundo des aquele día
que a non vi, ca non houve sabor
de min, nen d'al, nen vi nunca prazer.
E pois me vej'en tal coita viver,
Deus me confonda se viver querría!

Ca esta dona me tolheu poder
de rogar Deus, e fezo-me perder
pavor de morte que ante havía.