Luzía Sánchez, jazedes en gran falha

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Luzía Sánchez, jazedes en gran falha
por Joán Soares Coelho


Luzía Sánchez, jazedes en gran falha
comigo, que non fodo máis nemigalha
dũa vez; e, pois fodo, se Deus mi valha,
fiqu'end'afrontado ben por tercer día.
     Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
     se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

Vejo-vos jazer migo muit'agravada,
Luzía Sánchez, porque non fodo nada;
mais, se eu vos per i houvesse pagada,
pois eu foder non possso, peer-vos-ía.
     Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
     se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

Deu-mi o Demo esta pissuça cativa,
que ja non pode sol cospir a saíva
e, de pran, semelha máis morta ca viva,
e, se lh'ardess'a casa, non s'ergería.
     Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
     se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.

Deitaron-vos comigo os meus pecados;
cuidades de mí preitos tan desguisados,
cuidades dos colhões, que tragu'inchados,
ca o son con foder e con maloutía.
     Par Deus, Luzía Sánchez, Dona Luzía,
     se eu foder-vos podesse, foder-vos-ía.