Madre, des que se foi daqui

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Madre, des que se foi daqui
por Afonso Lopes de Baião


Madre, des que se foi daqui
meu amigo, nom vi prazer,
nem mi o queredes [vós] creer,
e moir'e, se nom é assi,
       nom vejades de mi prazer
       que desejades a veer.
  
Des que s'el foi, per bõa fé,
chorei, madre, dos olhos meus
com gram coita, sab'hoje Deus,
e moir'e, se assi nom é,
       nom vejades de mi prazer
       que desejades a veer.
  
De mia mort'hei mui gram pavor,
mia madre, se cedo nom vem,
e al nom duvidedes en,
ca, se assi nom é, senhor,
       nom vejades de mi prazer
       que desejades a veer.