Mais de mil vezes cuid'eu eno dia

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A mim dam preç', e nom é desguisado
por Pero Garcia Burgalês


Mais de mil vezes cuid'eu eno dia,
quando nom posso mia senhor veer,
ca lhe direi, se a vir todavia,
a mui gram coita que me faz sofrer;
e poila vejo, vedes que mi avém:
nom lhe digo, de quanto cuido, rem,
ant'o seu mui fremoso parecer,
que me faz quanto cuido escaecer!
  
Ca, poila vejo, nom lhe digo nada
de quanto cuid'ante que lhe direi,
u a nom vej'; e, par Deus!, mui coitada-
mente viv[o]; e, por Deus! que farei?
Ca, poila vejo, cuido sempr'entom
no seu fremoso parecer e nom
me nembra nada, ca todo me fal
quanto lhe cuid'a dizer e dig'al!