María Pérez, a nossa cruzada

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
María Pérez, a nossa cruzada
por Pêro da Ponte


María Pérez, a nossa cruzada,
quando veo da terra d'Ultramar,
assí veo de pardón carregada
que se non podía con el emerger;
mais furtan-lho, cada u vai maer,
e do perdón ja non lhi ficou nada.

E o perdón é cousa mui preçada
e que se devía muit'a guardar;
mais ela non ha maeta ferrada
en que o guarde, nen a pod'haver,
ca, pois o cadead'én foi perder,
sempr'a maeta andou descadeada.

Tal maeta como será guardada,
pois rapazes albergan no logar,
que non haja seer mui trastornada?
Ca, o logar u eles han poder,
non ha pardón que s'i possa asconder,
assí saben trastornar a pousada!

E outra cousa vos quero dizer:
atal pardón ben se dev'a perder,
ca muito foi cousa mal gaanhada.