Martín Gil, un homen vil

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Martín Gil, un homen vil
por Estevan da Guarda


Martín Gil, un homen vil
se quer de vós querelar:
que o mandastes atar
cruamente a un esteo,
dando-lh'açoutes ben mil;
e aquesto, Martín Gil,
parece a todos mui feo.

Non no posso end'eu partir,
pero que o ja roguei.
que se non queix'end'al Rei:
ca se sente tan maltreito
que non cuida én guarir;
e, Martín Gil, quen no vir,
parece mui laid'e feito.

Tan cruamente e tan mal
diz que foi ferido entón,
que teedes i cajón,
s'ele desto non guarece;
e aqueste feit'é tal,
Martín Gil, tan desigual,
e ja mui peior parece.