Mentre non soube por min mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mentre non soube por min mia senhor
por Pero Garcia Burgalês


Mentre non soube por min mia senhor,
amigos, ca lhe quería gran ben,
de a veer non lhe pesava én,
nen lhe pesava dizer-lhe "senhor".
Mais alguén foi que lhe disse por min
ca lhe quería gran ben, e des i
me quis gran mal, e non mi ar quis veer.
Confonda Deu-lo que lho foi dizer!

De me matar fezera mui melhor
quen lhe disse ca lh'eu quería ben,
e de meu mal non lhe pesava én,
e fezera de me matar melhor,
ca, meus amigos, des que a non vi,
desejo morte que sempre temí,
e hei tan gran coita po-la veer
qual non posso, amigos, nen sei dizer.

A esta coita nunca eu vi par,
ca esta coita peor ca mort'é,
e por én sei eu ben, per bõa fe,
que non fez Deus a esta coita par,
ca pero vej'u é mia senhor, non
ous'ir veé-la, si Deus me perdón,
e non poss'end'o coraçón partir,
nen os olhos, mais non ous'alá ir.

E quand'a terra vej'e o logar,
e vej'as casas u mia senhor é,
vedes que fac'entón, per bõa fe:
pero mi as casas vej'e o logar,
non ous'ir i, e peç'a Deus entón
mia morte muit'e mui de coraçón,
e choro muit'e hei-m'end'a partir,
e non vou i, nen sei pera u ir!