Mesura sería, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mesura sería, senhor
por Dom Dinis


Mesura[1] sería, senhor,
de vós amercear de mí,
que vós en grave día vi,
e én mui grave voss'amor é;
tan grave, que non hei poder
daquesta coita máis sofrer
de que, muit'ha, fui sofredor.

Pero sabe Nostro Senhor
que nunca vo-l'eu merecí,
mais sabe ben que vós serví,
des que vos vi, sempr'o melhor
que nunca eu pudi fazer;
por én querede-vos doer
de min, coitado pecador.

Mais Deus que de tod'é senhor,
me queira poer conselh'i,
ca se meu feito vai assí
e m'el non for ajudador
contra vós, que el fez valer
máis de quantas fezo nacer,
moir'eu, mais non merecedor.

Pero se eu hei de morrer
sen vo-lo nunca merecer,
non vos vej'i prez nen loor.

Notas[editar]

  1. Mesura: generosidade, primor grandiosa de ânimo.