Morr'o meu amigo d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Morr'o meu amigo d'amor
por João Garcia de Guilhade


Morr'o meu amigo d'amor
e eu non volho creo ben
e el mi dizer logo por en
ca verrá morrer u eu for,
e a min praz de coraçon
por veer se morre, se non

Enviou m'el assi dizer:
que eu, por mesura de min,
o leixasse morrer aqui
e o veja quando morrer;
e a min praz de coraçon
por veer se morre, se non

Mais nunca ja crea molher
que por ela morren assi,
ca nunca eu esse tal vi,
e el moira, se lhi prouguer,
e a min praz de coraçon
por veer se morre, se non