Mui gran temp'ha, par Deus, que eu non vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mui gran temp'ha, par Deus, que eu non vi
por Anônimo


Mui gran temp'ha, par Deus, que eu non vi
quen de beldade vence toda ren,
e se xe m'ela queixasse por én
gran dereit'é, ca eu o merecí;
e ben me pode chamar desleal
de querer eu nen por ben nen por mal
viver, com'ora sen ela viví.

E pois que m'eu de viver atreví
sen na veer eu, que fiz mui mal sén,
dereito faz se me mal talán ten
por tal sandice, qual eu cometí;
e con tal coit'e tan descomunal,
se me Deus ou sa mesura non val,
defensón outra non tenh'eu por mí.

Cada qual día en que m'eu partí
da mia senhor e meu lume e meu ben,
porque o fiz, a morrer me convén,
pois vivo tanto sen tornar alí
u ela é, se por én sanha tal
filhou de min e m'essa mercee fal,
ai eu cativo, e por que nací?!