Muit'aguisad'hei de morrer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Muit'aguisad'hei de morrer
por Vasco Gil


Muit'aguisad'hei de morrer
e nom tenho mia mort'em rem,
ante me prazeria en,
pois sem meu grad'hei a fazer
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
E mia senhor gram pesar há
de que lhe quer'eu mui gram bem,
e a mim gram coita m'en vem;
mais pero de fazer hei já
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
E grave dia eu naci
com quanto mal me faz Amor!
Ca por el, mentr'eu vivo for,
hei já sempr'a fazer assi
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
E nunca m'end'eu partirei,
ca nom quer o meu coraçom,
nem Deus; e, si Deus me perdom!,
a meu pesar a fazer-lh'hei
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.

E nom me poss'end'eu quitar
de lhe fazer este pesar!