Nom me podedes vós, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nom me podedes vós, senhor
por Dom Dinis


Nom me podedes vós, senhor,
partir deste meu coraçom
graves coitas; mais sei que nom
mi poderíades tolher,
per bõa fé, nenhum prazer,
ca nunca o eu pud'haver
des que vos eu nom vi, senhor.
 
Podedes mi partir gram mal,
e graves coitas que eu hei
por vós, mia senhor; mais bem sei
que me nom podedes per rem
tolher prazer nem nenhum bem,
pois end'eu nada nom houv'em
des que vos vi senom mal.
 
Graves coitas e grand'afam
mi podedes, se vós prouguer,
partir mui bem, senhor, mais er
sei que nom podedes tolher,
e que em mi nom há prazer,
des que vós nom pudi veer,
mais gram coit'e grand'afam.