Nom poss'eu, meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nom poss'eu, meu amigo
por Dom Dinis


- Nom poss'eu, meu amigo,
com vossa soidade
viver, bem vo-lo digo,
e por esto morade,
amigo, u mi possades
falar e me vejades.

Nom poss'u vos nom vejo
viver, bem o creede,
tam muito vos desejo,
e por esto vivede,
amigo, u mi possades
falar e me vejades.
   
Naci em forte ponto;
e, amigo, partide
o meu gram mal sem conto,
e por esto guaride,
amigo, u mi possades
falar e me vejades.
   
- Guarrei, bem o creades,
senhor, u me mandardes.