Nom sei hoj', amigo, quem padecesse

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nom sei hoj', amigo, quem padecesse
por Dom Dinis


Nom sei hoj', amigo, quem padecesse
coita qual padesco que nom morresse,
senom eu, coitada, que nom nacesse,
porque vos nom vejo com'eu queria;
e quisesse Deus que m'escaecesse
vós que vi, amigo, em grave dia.
   
Nom sei, amigo, molher que passasse
coita qual eu passo que já durasse
que nom morress' ou desasperasse,
porque vos nom vejo com'eu queria;
e quisesse Deus que me nom nembrasse
vós que vi, amigo, em grave dia.
   
Nom sei, amigo, quem o mal sentisse
que eu senço que o sol encobrisse
senom eu, coitada, que Deus maldisse
porque vos nom vejo com'eu queria
e quisesse Deus que nunca eu visse
vós que vi, amigo, em grave dia.