Nom soube que x'era pesar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nom soube que x'era pesar
por Vasco Gil


Nom soube que x'era pesar,
si me valha Nostro Senhor!,
quem Deus nom fez, a seu pesar,
longe viver de sa senhor,
u lhe nom possa rem dizer
da coita 'm que o faz viver
mui trist'e mui coitad'andar!
  
Nem ar soube parte d'afã,
nem de gram coita nulha rem,
o que nom sofreu est'afã
de nom poder per nulha rem
veer la senhor que bem quer!
E quem tal coita nom houver,
o al nom lh'é coita, de pram!
  
Esta tenh'eu por la maior
coita do mund', a meu coidar,
e nom pod'i haver maior;
e non'o quer'eu em coidar
esto per nulha rem meter,
mais por verdade o dizer,
como quem end'é sabedor.
  
Ca me fez Deus coitas saber,
porque mi as fez todas sofrer,
e tenh'end'esta por maior.