Non ést'a de Nogueira

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Non ést'a de Nogueira
por Pedro Eanes Solaz


Non ést'a de Nogueira
a freira que m'en poder ten;
mais é-x'outr'a fremosa
a que me quer'eu maior ben.
     E moiro-m'eu pola freira,
     mais non pola de Nogueira.

Non ést'a de Nogueira
a freira ond'eu hei amor;
mais é-x'outra fremosa
a que me quer'eu mui melhor.
     E moiro-m'eu pola freira,
     mais non pola de Nogueira.

Se eu a freira visse
o día que eu quisesse,
non ha coita no mundo
nen mingua que houvesse.
     E moiro-m'eu pola freira,
     mais non pola de Nogueira.

Se m'ela min amasse
mui gran dereito faría,
ca lhe quer'eu mui gran ben
e punh'i máis cada día.
     E moiro-m'eu pola freira,
     mais non pola de Nogueira.