Non me posso pagar tanto

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Non me posso pagar tanto
por Afonso X


Non me posso pagar tanto
do canto
das aves nen de seu son,
nen d'amor nen de ambiçón
nen d'armas -ca hei espanto,
por quanto
mui perigoosas son,
-come dun bon galeón,
que mi alongue muit'aginha
deste demo da campinha,
u os alacrães son;
ca dentro no coraçón
sentí deles a espinha!

E juro par Deus-lo santo
que manto
non tragerei nen granhón,
nen terrei d'amor razón
nen d'armas, por que quebranto
e chanto
vén delas toda sazón;
mais tragerei un dormón,
e irei pela marinha
vendend'azeit'e farinha;
e fugirei do poçón
do alacrán, ca eu non
lhi sei outra meezinha.

Nen de lançar a tavolado
pagado
non sõo, se Deus m'ampar,
aquí, nen de bafordar;
e andar de noute armado,
sen grado
o faço, e a roldar;
ca máis me pago do mar
que de seer cavaleiro;
ca eu foi ja marinheiro
e quero-m'oimais guardar
do alacrán, e tornar
ao que me foi primeiro.

E direi-vos un recado:
pecado
nunca me pod'enganar
que me faça ja falar
en armas, ca non m'é dado
(doado
m'é de as eu razõar,
pois-las non hei a provar);
ante quer'andar sinlheiro
e ir come mercadeiro
algũa terra buscar,
u me non possan culpar
alacrán negro nen veiro.