Non me soub'eu dos meus olhos melhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Non me soub'eu dos meus olhos melhor
por Joán Soares Coelho


Non me soub'eu dos meus olhos melhor
per nulha ren vingar ca me vinguei.
E direi-vos que mal que os matei:
levei-os d'u vejan sa senhor.
     E fiz seu mal e do meu coraçón
     por me vengar deles, e por al non.

Ca me non podían, per nulha ren,
sen veé-lo mui bon parecer seu,
fazer gran mal. Mais, que lhes ar fiz eu?
Levei-os d'u a viían por én.
     E fiz seu mal e do meu coraçón
     por me vengar deles, e por al non.

E na sazón que lhes eu entendí
que eles havían de a veer
maior sabor, pero me de fazer
mui grave foi, levei-os eu alí.
     E fiz seu mal e do meu coraçón
     por me vengar deles, e por al non!

E na vengança que deles prendí,
gran mal per fiz a eles e a mí.