Non quer'a Deus por mia morte rogar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Non quer'a Deus por mia morte rogar
por D. Pedro, Conde de Barcelos


Non quer'a Deus por mia morte rogar,
nen por mia vida, ca non mi ha mester;
e pois aquel que o rogar quiser
por si o rogu'e leix'a min passar
assí meu tempo, ca, mentr'eu durar,
     nunca me pode ben nen mal fazer,
     nen ond'eu haja pesar nen prazer.

E ja m'el tanto mal fez que non sei
ren u me possa cobrar d'iss', e non
sei nen sab'outren, nen sab'el razón
por que me faça máis mal de quant'hei.
E, pois eu ja per tod'esto passei,
     nunca me pode ben nen mal fazer,
     nen ond'eu haja pesar nen prazer.

E ben nen mal nunca m'el ja fará,
pois m'el pesar con tan gran coita deu
que nunca prazer no coraçón meu
me pode dar, ca ja non poderá,
e, pois por min tod'esto passou ja,
     nunca me pode ben nen mal fazer
     nen ond'eu haja pesar nen prazer.