Non sei como me salv'a mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Non sei como me salv'a mia senhor
por Dom Dinis


Non sei como me salv'a mia senhor,
se me Deus ant'os seus olhos levar,
ca, par Deus, non hei como m'assalvar
que me non julgue por seu traedor,
     pois tamanho temp'ha que guarecí,
     sen seu mandad' oír e a non vi.

E sei eu mui ben no meu coraçón
o que mia senhor fremosa fará,
depois que ant'ela for: julgar-m'-á
por seu traedor con mui gran razón,
     pois tamanho temp'ha que guarecí,
     sen seu mandad' oír e a non vi.

E pois tamanho foi o erro meu
que lhe fiz torto tan descomunal,
se mi a sa mui gran mesura non val,
julgar-m'-á por én por traedor seu,
     pois tamanho temp'ha que guarecí,
     sen seu mandado oír e a non vi.

E se o juízo passar assí,
ai eu cativ'! E que será de min?